
Este venres 3 de xullo comeza a que sen dúbida é unha das grandes celebracións festeiras do Barbanza e de Galicia en cada inicio da tempada estival: as Festas do Verán de Boiro. Este ano haberá propostas tradicionais, tributos, grandes orquestras e actividades para a mocidade en varios escenarios distintos.
A programación comeza o venres 3 de xullo co pregón que este ano homenaxea ao comercio tradicional boirense e continuará con actividades en distintos escenarios. Por un lado, da man de Peñas Boiro AC, no parque da Cachada; actuacións de Suavecito e Capitol na praza de Galicia e Curi e Soundivan na praza do Centro Social.
O sábado haberá a tradicional Festa da Malla e bailes durante a mañá; e pola tarde orquestra Finisterre Project e Tributo a Julio Iglesias na praza de Galicia; e Ortiga na praza da Terceira Idade.
O domingo o prato forte será o gran espectáculo piromusical na praia de Barraña; orquestra La Oca Band e La Banda de Ayer na praza de Galicia; e Balbina coa Banda de Música de Boiro na praza do Centro do Centro Social.
O luns Peñas Boiro AC celebra o Luns das Peñas no parque da Cachada; Gramola Gominola na praza do Centro Social; e orquestras Gran Parada e Origen na praza de Galicia.
O martes día 7 serán as orquestras Gran Parada e Marbella na praza de Galicia; e Melidaos e Lumieira na praza da Terceira Idade. O mércores haberá un gran fin de festa con 9Louro na praza da Mancomunidade; e orquestras Panorama, América e Satélites na praza de Galicia.
PROGRAMA

Venres 3 de xullo
20.30h – Ruada coa charanga BB+
21.00h – Orquestra Suavecito na praza de Galicia
22.00h – Pregón
22.45h – Orquestra Capitol na praza de Galicia
23.00h – Curi e Sound Ivan na praza do Centro Social
23.00h – Remember Fest de Peñas Boiro AC no parque da Cachada
Sábado 4 de xullo
10.00h – Alboradas a cargo de Os Pequenos do Barbansa
12.00h – Festa da Malla e baile con Xilbarbeira e Aroña
22.30h – Orquestra Finisterre Project na praza de Galicia
23.00h – Ortiga na praza do Centro Social
00.00h – Tributo a Julio Iglesias na praza de Galicia
Domingo 5 de xullo
10.00h – Alboradas con Ar de Loureda
12.00h – Baile con Abeloura, Ballet Folclórico Boirense e Abanqueiro
12.00h – Ruada coa Banda de Negreira
13.30h – Sesión vermú na rúa peonil con D’Crooners
20.30h – Balbina coa Banda de Música de Boiro na praza do Centro do Centro Social
22.00h – Orquestra La Oca Band na praza de Galicia
00.00h – Espectáculo piromusical na praia de Barraña
00.30h – La Banda de Ayer na praza de Galicia
Luns 6 de xullo
10.00h – Alboradas con Arume
11.00h – Festa das Peñas no parque da Cachada
12.00h – Cantos de taberna con As da Boina e Mar de Cabo
21.00h – Gramola Gominola na praza do Centro Social
22.00h – Orquestra Gran Prada na praza de Galicia
00.00h – Orquestra Origen na praza de Galicia
Martes 7 de xullo
10.00h – Alboradas con Arume
12.00h – Cantos de taberna con A Dorniña e Xoaniñas
12.30h – Ruada con Treboada
22.00h – Orquestra Marbella na praza de Galicia
23.00h – Melidaos e Lumieira na praza do Centro Social
00.00h – Orquestra Paris de Noia na praza de Galicia
Mércores 8 de xullo
10.00h – Alboradas con Arume
12.00h – Cantos de taberna con Nunca e Tarde e Ventos do Mar
13.00h – Sesión vermú na rúa peonil con Duendeneta
21.30h – Orquestra Satélites na praza de Galicia
23.00h – 9Louro na praza da Mancomunidade
00.00h – Orquestra Panorama na praza de Galicia
02.00h – Orquestra América na praza de Galicia



