A XXI Bandeira Concello da Pobra e a III Bandeira Feminina volverán reunir o mellor remo galego este sábado

30 Xuño 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou a XXI Bandeira Concello da Pobra e a III Bandeira Feminina Concello da Pobra, dúas citas xa consolidadas no calendario da Liga Galega de Traiñeiras que se disputarán o vindeiro sábado 4 de xullo no peirao comercial da vila. Na presentación participaron o alcalde José Carlos Vidal e representantes do Club de Remo da Pobra.

Durante a súa intervención, o rexedor destacou a importancia dunha competición que combina deporte, tradición e promoción do municipio. Sinalou que o remo forma parte da identidade mariñeira da Pobra e que eventos coma este contribúen a dinamizar a economía local, atraer visitantes e proxectar a imaxe do concello máis alá das súas fronteiras. Tamén puxo en valor a consolidación da III Bandeira Feminina Concello da Pobra, unha mostra da aposta por un deporte cada vez máis igualitario. 

José Carlos Vidal agradeceu o labor do Club de Remo da Pobra, así como a implicación das persoas voluntarias, das administracións colaboradoras, das entidades patrocinadoras e de todas aquelas persoas que fan posible a celebración desta regata edición tras edición. Ademais, reafirmou o compromiso do Concello co deporte, non só polos éxitos competitivos, senón tamén polos valores que transmite, como o esforzo, a superación, o compañeirismo e o traballo en equipo, ademais de fomentar hábitos de vida saudábeis.

A XXI Bandeira Concello da Pobra disputarase sobre un percorrido de 5.556 metros, con seis longos e catro rúas. A competición masculina dará comezo ás 17.00 horas e repartirá un total de 5.000 euros en premios. 

Pola súa banda, a III Bandeira Feminina Concello da Pobra celebrarase a partir das 18.00 horas sobre un percorrido de 2.772 metros, con tres longos e catro rúas. A proba repartirá 7.560 euros en premios e consolídase como unha das citas máis destacadas do calendario feminino da Liga Galega de Traiñeiras. 

O Concello da Pobra do Caramiñal anima á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse este sábado ao peirao comercial para desfrutar dunha xornada de remo de primeiro nivel e apoiar as tripulacións participantes nunha das citas deportivas máis relevantes do verán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.