O Consistorio de Ribeira mostra o camiño da diabetes en formato de exposición

29 Xuño 2026

As actuais dependencias do Concello de Ribeira (o auditorio vello) acollen estes días a mostra A Orixe: a diabetes, un camiño de vida, promovida pola Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (ANEDIA), coa colaboración da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e do Sar A Orixe. Este proxecto busca amosar e sensibilizar sobre a realidade das persoas con diabetes e as súas familias dende ese punto de partida que representa o diagnóstico para retratar as diferentes etapas.

O concelleiro de Sanidade, Vicente Mariño, explica que a Administración local ribeirense decidiu apoiar esta iniciativa para “concienciar sobre unha realidade que vive un gran número da poboación baixo o formato de paneis que unen imaxe e texto para amosar o camiño que teñen que percorrer as persoas que padecen esta enfermidade tomando o camiño A Orixe como fío condutor”.

O fotógrafo Víctor Manuel Martínez, coñecido como Pichero, captou as instantáneas que van acompañadas de textos sobre distintos aspectos da vida con diabetes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.