O Concello de Ribeira lanza unha programación ambiciosa para as Festas do Verán

26 Xuño 2026

O Concello de Ribeira presentou a programación das Festas de Verán 2026, una axenda que a alcaldesa, María Sampedro, cualificou como “ambiciosa” ao contar con recoñecidos artistas e orquestras do panorama autonómico e nacional. Na compaña do concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, e do presidente da Comisión de Festas, José Alonso, a rexedora manifestou que é un cartel “feito con moito cariño, ilusión e ganas que será un reclamo turístico, cultural e musical”.

Pola súa parte, o edil agradeceu a implicación da cidadanía e dos negocios para sacar este programa adiante, así como o traballo de todo o equipo da comisión de festas.

Axenda completa

O programa arrancará no mércores, 29 de xullo, co Día Adicado ao Tecido Social e a Cidadanía, no que se ofrecerá o pregón, ás 21.30 horas, dende a praza do Concello, a cargo dunha persoa do municipio que se anunciará en vindeiras datas. A orquestra Panorama será a encargada de abrir musicalmente esta primeira xornada de celebracións, ás 23.00 horas, na explanada da lonxa vella. Durante a mañá haberá ruada cun grupo de música tradicional, ás 10.00 horas; campionato de xadrez na Casa da Xuventude, ás 11.00 horas; espectáculo familiar Cabicivai, de Pablísimo, ás 12.00 horas, na praza de Porta do Sol; e exhibición de taekwondo co Natural Sport, ás 20.30 horas, na praza do Concello.

A protagonista do xoves, 30 de xullo, será a orquestra París de Noia no Día Dedicado á Emigración. A verbena será ás 23.00 horas, no Malecón. Nesa mesma xornada contarase novamente con ruada, ás 10.00 horas; o concerto familiar Brinca vai, de Paco Nogueiras, ás 12.00 horas, na praza de Porta do Sol; e a inauguración da exposición de escultura Mulleres, de Jontxu Argibay, ás 21.00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas.

No Día Dedicado á Mocidade e Poboación Infantil, no venres, 31 de xullo, o ritmo da noite virá marcado pola orquestra Olympus, ás 23.00 horas, no Malecón, e o Ribeira Urban Fest, ás 23.00 horas, na explanada da lonxa vella, con Lg1do como cabeza xunto a outros DJ.

Non faltará tampouco a ruada, ás 10.00 horas; o mercadiño solidario de A Creba ás 11.30 horas, na rúa Rosalía de Castro; o gran parque de inchábeis, ás 11.30 horas, no Parque García Bayón; a sesión vermú con Chiña, na praza de Vigo, ás 12.30 horas; o torneo 3×3 de baloncesto, ás 17.00 horas; novamente o gran parque de inchábeis, ás 18.00 horas; e a festa da escuma, ás 20.00 horas, tamén no García Bayón.

O sábado, 1 de agosto, Día da Virxe do Carme dedicado á Xente do Mar, conta tamén cunha ampla oferta de actividades. Tras a ruada das 10.00 horas procederase cun circuíto sensorial de ÁGAPE, na praza do Concello, ás 11.30 horas, para, ás 13.00 horas, asistir á gran sardiñada en Bandourrío amenizada por Drippers, coa colaboración da asociación deste barrio ribeirense. A esa mesma hora, na praza dos Mariñeiros, ofrecerase unha degustación gratuíta con peixe OPP83 Sociedade Galega Cooperativa do Mar Santa Uxía, organizado con financiamento da Xunta de Galicia e o FEMPA.

Xa pola tarde será o momento da misa solemne na honra da Virxe do Carme cantada pola Coral do Circuíto Mercantil de Ribeira, ás 18.30 horas, na lonxa nova. Despois, sairá a procesión marítima e terrestre coa actuación das Cantareiras de Amas de Casa de Ribeira, na lonxa, durante a comitiva por mar. No desenvolvemento deste oficio colaboran Alfaia e Amas de Casa. Ás 19.30 horas disputarse o trofeo de fútbol no Campo Municipal da Fieiteira. A música da noite virá da man da orquestra Miramar, ás 22.30 horas, no Malecón, e Café Quijano, ás 23.30 horas, na praza de España. A maiores, Planet Discomóbil e Mateo Abelleira actuarán na praza de Pontevedra, ás 01.00 horas.

Para o domingo, 2 de agosto, Día Dedicado aos Nosos Maiores, contémplase o Orballo Cultural, na praza de España, ás 21.00 horas, cos concertos de Catuxa Salom e Fillas de Cassandra. Tamén soará Nueva Línea, ás 00.30 horas, no Malecón, e, ás 02.00 horas, o DJ Rafa Astray. Nesa mesma xornada haberá ruada, ás 10.00 horas;sesión vermú con música dos 80 e 90, no parque García Bayón, con Dani Fontaíña, ás 12.30 horas; e quedada linedance con Taller Alecrín e Dani Fontaíña, na praza do Concello, ás 20.00 horas. O espectáculo de fogos de artificio, ás 00.00 horas, dende o paseo do Touro porá o broche de ouro ás festas. Ademais, haberá un servizo de préstamo de cascos de redución do ruído a cargo de BarbanTEA, a carón do edificio de Cruz Vermella, no Malecón.

Finalmente e como xa é tradición, no luns, 3 de agosto, polo Día do Neno e da Nena, tódalas atraccións de feira terán prezos populares. O horario sen música e ruído para a inclusividade de persoas neuridiverxentes ou con sensibilidade sensorial e auditiva será tódolos días, de 20.00 a 21.30 horas, na zona das atraccións, coa colaboración de ÁGAPE, BarbanTEA e os feirantes.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.