“Monarquía parlamentaria v/s república española?” – Antón Luaces

23 Xuño 2026

Non será -nen quixera que fose- un golpe de Estado (aos que tan afeitos estaban na II República), máis semella que a dereita política argalla como acadar que o Goberno progresista que preside lexitimamente o socialista Pedro Sánchez ceda á presión á que se ve sometido especialmente polo PP, VOX e Junts desde as últimas eleccións xerais. Unha presión constante, sistemática, sen concesións (ás veces sen argumentos) para que se adianten as eleccións previstas para o vindeiro ano que o actual Goberno quere manter malia seren conscientes de que os orzamentos estatais, que anuncian van presentar no Congreso dos Deputados, moi probablemente non sexan aceptados pola maioría parlamentaria.

Pretende a oposición que Pedro Sánchez formule unha cuestión de confianza (que o presidente rexeita) ou que se debata unha moción de censura que tampouco o PSOE e os seus aliados aceptan. Só a dereita e a extrema dereita apoian esas saídas que o goberno de coalición non asume, por entender que poden seguir a gobernar en minoría ata que chegue a data da convocatoria electoral e que sexa o resultado desta o que decida a conformación dun novo goberno. Mentres tanto han seguir xogando as bazas que a Constitución lles permite, e no marco da legalidade imperante, mantendo o lemón dun Goberno que, en xeral, impón unhas regras que para nada infrinxen as establecidas e que, en moitos aspectos modificou a mellor o que tiñamos.

O sistemático da oposición fai lembrar en boa medida o feito para derrogar a II República aínda que sen personaxes daquel tempo coma Mola, Goded, Fanjul, Franco, Sanjurjo, Primo de Rivera, etc. que conduciu á guerra civil.

Está acaso hoxe en día encol da mesa política un troco no modelo de Estado?. Hai debate para a futura concepción do Estado español decidindo entre monarquía e república?. Existe verdadeiramente tal debate?. Interesa este á dereita actualmente na oposición?.  

O tempo vai dicilo.

Outros artigos

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

+

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...

+

“Ídolos de barro”. Manuel Dominguez III

Simona de Beauvoir este abril 40 años de su muerte. La Beauvoir, símbolo de las feministas ortodoxas, de estas liberales de moqueta y salón, y su compañerío de vida, Jean Paul Sartre nunca estuvieron casados. Rechazaron activamente el matrimonio y la idea de formar...

+

“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva

O 31 de decembro deste ano, un martelo de prata ha petar tres veces contra un muro. O tabique caerá, varrerase o cascallo cun ramo de oliveira, e o que onte era parede volverá ser lugar de paso bendecido polo Arcebispo de Santiago. A Porta Santa da catedral de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión