Un aparatoso accidente en Palmeira sáldase con dúas persoas feridas de carácter leve

03 Xuño 2020

Os dous ocupantes dun vehículo resultaron feridos, de carácter leve, despois de envorcar o vehículo no que viaxaban e chocar contra uns contedores ao saírse da vía.

O accidente ocorreu, ao fío das 02:15 horas, desta madrugada, na localidade de Ribeira, en Palmeira, concretamente, cando o vehículo circulaba á altura da curva da Taravela.

Tras recibir a chamada de varios alertantes, que indicaban que os ocupantes podían estar atrapados no interior do turismo, o 112 Galicia ademais de informar aos servizos sanitarios de urxencia, alertou aos Bombeiros de Ribeira e de Boiro. Igualmente, os xestores de emerxencias  deron conta dos feitos aos axentes de Tráfico e da Policía Local.

Tras chegar ao punto, os axentes da Policía Local confirmaron o aparatoso que foi o accidente. Tratouse dun único coche que saltou un desnivel dunha estrada a outra e rematou envorcando sobre outros turismos que estaban estacionados.

Debido ao impacto, o vehículo sinistrado perdeu líquido que quedou espallado pola estrada, por iso, os Bombeiros, tras ser evacuados os feridos, procederon a limpar a vía.

Segundo se lle informou ao 112 Galicia, dos dous ocupantes feridos, só un deles foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia.

Pasados uns minutos das 04:30 horas, os Bombeiros de Ribeira comunicaron ao 112 Galicia que os vehículos danados xa foran retirados e que estrada quedaba totalmente limpa.  

Foto bombeiros de Ribeira

Outros artigos

Santos Oujo dimite do Ateneo Valle-Inclán

Na tarde deste domingo o presidente do Ateneo de Riveira, Santos Oujo Bello, comunica a súa decisión de dimitir da Asociación. ORDEN DEL DÍA REUNIÓN EXTRAORDINARIA DEL ATENEO DE RIVEIRA. 28/04/24. 20:00 horas en 1ª convocatoria. 20:30 2ª.1.- Lectura y aprobación del...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....