AGADEA construirá en Boiro a primeira residencia para persoas maiores no municipio nun terreo municipal

15 Xuño 2026

O Concello de Boiro e a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA) veñen de asinar un acordo para a cesión dunha finca municipal na que a entidade sen ánimo de lucro vai construír a que será a primeira residencia para persoas maiores do municipio. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, presentaron o proxecto xunto con Isabel Gey, presidenta da entidade.

AGADEA Hábitat: O Saltiño é un proxecto residencial de 39 prazas proxectada nun terreo de titularidade municipal, distribuído en andar baixo, primeiro e segundo andar e, en palabras das dúas entidades impulsoras do proxecto, “cunha localización privilexiada”.

Segundo Isabel Gey, “será un centro aberto á comunidade, cunha localización urbana e accesíbel, a escasos 2 minutos do centro de saúde”.

Para a construción do centro residencial de maiores o Concello de Boiro cederá un terreo municipal de 3.389 metros cadrados sito no lugar do Saltiño por un período de 50 anos prorrogábel outros 25.

O investimento previsto é de 2.411.000 euros e o servizo dotarase de persoal técnico especializado propio de AGADEA para a súa xestión e requirirá de contratacións de persoal multidisciplinario de aproximadamente 17 persoas. “Vimos de facer realidade, da man de AGADEA, unha das principais demandas e necesidades da veciñanza de Boiro, unha residencia da terceira idade mediante a cesión dun terreo municipal a unha entidade sen ánimo de lucro para a súa construción e xestión”, recoñeceu o alcalde, José Ramón Romero.

Trátase do primeiro centro residencial de persoas maiores do municipio, que dará cobertura, principalmente, á veciñanza de Boiro. Este centro estará interconectado e complementado co centro AGADEA Hábitat que a entidade está a desenvolver en praia Xardín para dar continuidade a un ciclo de atención ás persoas maiores do concello, teñan ou non demencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.