O Noia Harp Fest aposta pola creación propia coa estrea de dúas producións exclusivas 

10 Xuño 2026

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (Noia Harp Fest) consolídase na súa 13ª edición como, en palabras da organización, “moito máis que un escaparate de concertos: é tamén un espazo onde a música se crea e se experimenta dende cero”. Así, alén da aposta pola ampliación do repertorio para arpa e orquestra do seu Premio Portus Apostoli, o festival producirá proxectos propios e inéditos que sitúan a Noia no mapa da innovación artística en Galicia.

O Teatro Coliseo Noela será o escenario destas dúas propostas exclusivas, que só se poderán ver ao vivo durante o evento, e que unen a arpa coa electrónica e as novas linguaxes musicais. Estas producións reflicten o espírito co que naceu o propio Noia Harp Fest hai 13 anos: un festival liderado por mulleres arpistas de primeiro nivel e que, alén de respectar a tradición, non ten medo de explorar o futuro do instrumento.

A primeira destas apostas chegará o xoves 30 de xullo (21.00 horas) da man da arpista Beatriz Martínez e da artista sonora Acacia Ojea. Ambas presentarán un espectáculo que naceu directamente da colaboración entre os dous mundos creativos. O punto de partida son composicións orixinais para arpa con raíces na música tradicional. Sobre esa base, a viguesa Acacia Ojea manipulará o son en tempo real a través de procesos electrónicos.

A arpista Beatriz Martínez no Noia Harp Fest

Ao día seguinte, o venres 31 de xullo ás 21.00 horas, o mesmo recinto acollerá un dos momentos máis agardados do festival: o concerto da Banda do Noia Harp Fest, que ten a particularidade de que se forma de xeito específico para cada edición, reunindo a profesionais, estudantes e afeccionados da arpa. Contarase coa presenza da cantautora Su Garrido Pombo.

Este ano, o reto da formación -que pasa de actuar na rúa do Curro ou no Liceo de Noia ao Teatro Coliseo Noela- será darlle unha nova dimensión á música da creadora. O público escoitará os seus temas máis coñecidos cunha sonoridade nunca antes escoitada: arroupados por dez arpas en directo. Os arranxos levan a sinatura de Rodrigo Romaní, quen deseñou unha proposta onde conviven as texturas acústicas do grupo de arpas coa electrónica e a forza poética das letras de Su Garrido Pombo.

Ambos os dous concertos, igual ca os anunciados até o de agora, serán de acceso libre ata completar a capacidade dos espazos.

Banda do Noia Harp Fest nunha imaxe de Jerry Elefarte

Noia Harp Fest

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, coñecido como Noia Harp Fest, é unha iniciativa promovida por Nalgures Producións e cuxa dirección artística recae na Asociación Cultural Noia Harp Fest. O evento, que se celebrará do 29 de xullo ao 1 de agosto, conta co apoio do Concello de Noia e da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia e do proxecto Concertos do Xacobeo. Tamén colaboran a Sociedade Cultura Recreativa Liceo de Noia, a Asociación Española de Arpistas (AEDA), a Deputación Provincial da Coruña e Acción Cultural Española.

O anuncio das incorporacións de Beatriz Martínez, Acacia Ojea, Su Garrido Pombo e a Banda do NHF amplía o cartel dunha edición que este ano presenta unha programación liderada polas arpistas internacionais Maeve Gilchrist, Siobhán Armstrong e Sona Jobarteh, e na que tamén participarán Manuel Vilas, Entrebescant e Neleta Ortiz.

Avance de programación do XIII Noia Harp Fest

30.07, Teatro Coliseo Noela | Maeve Gilchrist
30.07, Teatro Coliseo Noela | Beatriz Martínez e Acacia Ojea
31.07, Igrexa de Santa María A Nova | Siobhán Armstrong
31.07, Teatro Coliseo Noela | Banda do NHF con Su Garrido Pombo
01.08, Igrexa de San Francisco | Manuel Vilas e Entrebescant
01.08, Claustro de San Francisco | Neleta Ortiz
01.08, Praza do Tapal | Sona Jobarteh
 

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.