A AECC de Boiro celebra o 21 de xuño unha nova edición da súa Andaina Solidaria

08 Xuño 2026

O Concello de Boiro colabora cunha nova edición da Andaina Solidaria Boiro, en marcha contra o cancro que organiza a Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Boiro e que terá lugar o vindeiro domingo 21 de xuño. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación xunto coa presidenta, Marisa Lojo, e outros membros da asociación.

A andaina terá lugar o próximo domingo 21 de xuño con saída ás 11.00 horas da praza de Galicia e cun percorrido circular de 5 quilómetros nos que se percorrerá o paseo do río Breiro, o paseo marítimo de Barraña, o esteiro do río Coroño e regreso á praza de Galicia. A presidenta, Marisa Lojo, agradeceu a colaboración de todas as entidades e empresas que fan posible esta andaina “que ten como finalidade recadar diñeiro para a investigación do cancro”.

A andaina ten un prezo de 8 euros para persoas adultas e 5 euros para nenos e nenas ata 12 anos que serán para a loita contra o cancro. As inscricións están abertas e poden facerse na farmacia ortopedia Ana Torrente, na galería Sargadelos, en Modas Naty ou na mesa que a Asociación ten na rúa peonil os sábados.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu o traballo “tan importante que realizar a Asociación Española contra o Cancro en Boiro” e convidou á veciñanza “a participar nesta cita solidaria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.