Laura Veiga presenta este venres 12 en Rianxo o seu libro “O mapa da túa sexualidade”

08 Xuño 2026

O salón de actos do Auditorio Municipal de Rianxo vai dar acollida este venres 12 de xuño á presentación libro O mapa da túa sexualidade, da autora Laura Veiga.

A cita, de entrada libre, será ás 17.30 horas. Incluirá ás 18.00 horas un obradoiro de balde de AdolescenTEA para rapazada de 10 a 13 anos.

Na presentación participarán Milagros Torrado, secretaria da asociación BarbanTEA, Julio Alcalde, concelleiro de Cultura, e Laura Veiga, autora do libro.

O taller será impartido pola propia Laura Veiga, xornalista, sexóloga, divulgadora e muller autista.

A entrada será libre até completar o aforo.

O acto vén de man de BarbanTEA coa colaboración da Asociación Cultural Barbantia, CaixaBank, Xerais e o Concello de Rianxo.

O libro

O mapa da túa sexualidade é un libro de Laura Veiga ilustrado por María Montes Sueiro.

Editado por Xerais, trátase dunha “guía ilustrada clara, divertida e coidada para comprender como funcionamos por dentro e por fóra”.

Sinopse

Sabías que a túa sexualidade é como un mapa que se vai debuxando a medida que medras? Un mapa cheo de camiños, preguntas, emocións e descubrimentos que te axudan a entender quen es e como te relacionas co mundo. Neste libro atoparemos unha guía clara, divertida e coidada para comprendermos como funcionamos por dentro e por fóra: o corpo que medra, os sentimentos que ás veces enredan, o xénero, o desexo, a orientación sexual… e moito máis!

A autora

Laura Veiga (Gondomar, 1997) é xornalista, sexóloga e divulgadora científica. En 2020 puxo en marcha Pingando, un proxecto dedicado á divulgación menstrual e á educación sexual en redes sociais. Imparte obradoiros para crianzas, adolescentes, familias e profesorado en centros educativos, creando espazos seguros onde preguntar, aprender e desaprender. Participou en diferentes encontros de divulgación con charlas como Máis diversidade, mellores resultados, Un percorrido polo tabú menstrual ou Vampiresas, histéricas e feas. En 2022 recibiu o Premio Pioneiro no certame Youtubeiras polo seu labor divulgador.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.