Galicia incrementará o aforo de restaurantes ao 50% desde o luns

30 Maio 2020

O Centro de Coordinación de Operativa ( Cecop) da Xunta de Galicia acordou incrementar o aforo dos restaurantes e locais de hostalería ata o 50% da súa capacidade a partir deste luns. Para facelo, esta entidade, que conta con representantes da Delegación do Goberno, Xunta de Galicia e Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), ampárase en que «as instrucións publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) para a fase 2, autorizan ás distantas comunidades a modificar o aforo máximo no interior destes establecementos, ben reducíndoo ao 30% ou incrementándoo ao 50%». Foi este sábado cando os representantes das tres institucións chegaron a este consenso, segundo explicou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o encontro.

Os locais deberán «manter as medidas de seguridade establecidas polo Ministerio de Sanidade», para o que o Goberno galego ha reservado unha parte do seu Plan de Reactivación do sector turístico que «favoreza a adecuación hixiénico-sanitaria destes establecementos hostaleiros, que garanta a seguridade a traballadores e usuarios». Esta ampliación conleva tamén unha «especial chamada de atención á responsabilidade dos usuarios de hostalería e ao ‘ sentidiño’ que se reclama sempre para poder seguir progresando durante esta pandemia» ata recuperar unha vida medianamente normal, subliñou Rueda.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.