O Concello de Ribeira, a Confraría da Dorna e Amicos retiraron lixo na praia de Coroso

25 Maio 2026

Os microplásticos situáronse como o residuo principal que se retirou na limpeza da praia de Coroso realizada no 23 de maio, resultado dunha acción promovida conxuntamente entre o Concello de Ribeira, a Real e Ilustre Confraría da Dorna e a Asociación Amicos. Esta actuación permitiu liberar o principal areal urbano de 20 quilogramos de lixo. Con relación á cantidade, o concelleiro de Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes, explica que “se ben pode parecer pouca contía, estamos falando de que había principalmente microplásticos, os cales son os que máis afectan á fauna mariña e, en consecuencia, aos produtos do mar que chegan ás nosas mesas e que despois consumimos as persoas”.

Abraldes avanzou que xa se está traballando noutra limpeza de praias que se focalizará no litoral dunha das parroquias de Ribeira, desta vez, en colaboración con outra entidade.

Pola súa banda, o edil de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, agradece o establecemento de sinerxías entre “tres organismos conscientes da problemática do lixo na nosa costa que sumaron esforzos, xunto coa cidadanía que quixo participar, para o beneficio do conxunto da sociedade e concienciar sobre a necesidade de preservar as contornas naturais, especialmente, as marítimas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.