Conta atrás para o inicio da X Andaina Solidaria de CONGALSA, este domingo dende a praza Segundo Durán da Pobra

22 Maio 2026

Comezou a conta atrás para a X Andaina Solidaria de CONGALSA, que se celebra este domingo 24 de maio a partir das 9.30 horas, reunindo numerosas persoas nunha xornada de deporte, convivencia e compromiso social. No percorrido organizado pola empresa da Pobra participarán Luís Miguel Simarro, presidente da Corporación Empresarial CONGALSA; Noela Prieto, directora xeral de CONGALSA; así como outros directivos e traballadores da compañía.

Tamén asistirán representantes de entidades colaboradoras e asociacións comarcais, ademais do alcalde do Concello da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal.

A marcha de carácter circular e cun percorrido de 10 quilómetros discorrerá por algúns dos enclaves de maior interese turístico, cultural e medioambiental da Pobra do Caramiñal, a través dun itinerario deseñado pola Asociación de Amigos Amigos do Camiño de Santiago, do Barbanza e Sar – A Orixe (con saída e regreso na praza Alcalde Segundo Durán).

CONGALSA destinará os alimentos recadados ás ONG e converterá os quilómetros percorridos nunha achega económica equivalente en euros, ao que sumará unha achega adicional que se repartirá entre todas as entidades beneficiarias

Nesta nova edición a marcha sairá ás 09.30 horas do 24 de maio da praza de Segundo Durán, na Pobra do Caramiñal, cun percorrido circular duns 10 quilómetros, concibido para ser realizado en dúas horas, que transcorrerá por diversos enclaves de atractivo turístico do municipio como A Pedra da Moura, Punta de Cabío ou Praia da Laxe.

Datos clave da iniciativa

A andaina solidaria, enmarcada nas políticas de responsabilidade social corporativa de CONGALSA, celebrou a súa primeira edición en 2016 e, desde entón, desenvolveuse de forma anual, coa excepción de 2024. Durante os anos de maior impacto da pandemia, en 2020 e 2021, levou a cabo en modalidade virtual. Posteriormente, recuperou o seu carácter presencial e incorporou a posibilidade de participación online mediante a adquisición dun dorsal 0 solidario.

Establecéronse tres modalidades de adhesión: a individual, a partir de 13 anos, cunha cota de 5 euros; a familiar, que permite a inscrición dun adulto onda un máximo de tres menores polo mesmo prezo;e o dorsal 0, destinado a quen desexe realizar unha achega solidaria sen participar na camiñada. Onda isto, os camiñantes deberán achegar polo menos un quilo ou un litro de alimentos non perecedoiros, que se recollerán ao comezo do evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...