O Concello do Porto do Son avanzou detalles sobre a súa gran actividade de lecer estival para a rapazada enmarcada no seu programa de conciliación: os Campamentos de Verán “Movida Urbana 2025”, que se desenvolve do 13 de xullo ao 14 de agosto de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas. Os campamentos están dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, ou sexa nadas e nados entre 2014 e 2022.
As persoas interesadas en participar poderán anotarse en dúas quendas:
Quenda 1: do 13 ao 31 de xullo.
Quenda 2: do 3 ao 14 de agosto.
As inscricións abren este 26 de maio, martes, e estarán abertas até o 9 de xuño no rexistro municipal ou na sede electrónica do Concello. O formulario de inscrición estará dispoñíbel a partir do luns, 25 de maio. Máis información na Oficina de Deportes, no teléfono 981 767 589 ou a través da conta de correo omix@portodoson.gal.
Trátase dunha actividade co-financiada polo Plan Corresponsables da Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género do Ministerio de Igualdad e a Consellería de Política Social e Igualdade en Galicia da Xunta de Galicia.




