Julián Bustelo avanzou ante a veciñanza de Leiro os novos proxectos do Concello na parroquia

21 Maio 2026

Esta semana proseguiron en Rianxo os encontros veciñais (Encontros co Alcalde) nas parroquias destinados a escoitar as demandas e propostas das e dos residentes nos núcleos, coa participación directa do alcalde Julián Bustelo. A nova xornada de traballo e diálogo celebrouse este martes 19 de maio no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro.

Na sesión o rexedor avanzou varias actuacións que se executarán nas próximas semanas como o asfaltado do núcleo de Abuín, o asfaltado de Rial ou a obra para ampliar as redes de abastecemento e saneamento en Meiquiz e Or.

O alcalde tamén recolleu outras demandas “ás que procuraremos darlles resposta á maior brevidade”, sinalou.

A semana anterior Julián Bustelo reuniuse coa veciñanza do Araño no Centro Cultural da Capela, e tamén coa de Isorna na Escola da Bacariza.

Lembrar que durante os meses de maio e xuño o alcalde e os membros do Goberno percorrerán as parroquias do municipio para informar do traballo que se está facendo, para resolver dúbidas e para recoller as propostas e demandas que os veciños e veciñas queiran propor.

Segundo explicou o alcalde, Julián Bustelo, “no Concello de Rianxo entendemos que esta é unha boa maneira de facer política e para min un pracer ter a oportunidade de celebrar estes encontros para falar do presente e do futuro do noso municipio”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...