Mércores 20, néboas no interior e ceos despexados en xeral en Galicia

19 Maio 2026

O mércores 20 Galicia recuperará a influencia das altas presións, o que traerá unha xornada máis estable e con melloría xeral das condicións meteorolóxicas.

Pola mañá agárdanse néboas e nubes baixas nas comarcas do interior, aínda que estas iranse disipando co avance do día ata deixar ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As temperaturas mínimas rexistrarán un lixeiro descenso, mentres que os valores máximos experimentarán un ascenso moderado, máis notable na metade sur da Comunidade(24 a 26 graos). Os ventos soprarán frouxos e de dirección variable ao longo da xornada.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sueste á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3 metros á mañá, 2 a 2.5 metros á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.