Noia acollerá o I Open de Brazilian Jiujitsu da contorna con máis de 120 persoas inscritas

19 Maio 2026

A concelleira de Deportes, Sandra González, vén de acompañar ao Club Metanoia “Artes Suaves” na presentación oficial do I Open de Brazilian Jiujitsu da contorna, unha cita deportiva pioneira que converterá a Noia nun referente desta disciplina o vindeiro 6 de xuño.

O evento, organizado polo Club Metanoia en colaboración coa federación portuguesa Desafio Brazilian Jiujitsu, celebrarase no Polideportivo Alonso Rodríguez e contará con competicións en categorías infantil, xuvenil, adulto e máster, tanto en GI como en NOGI.

Na presentación destacouse a gran acollida que está a ter esta primeira edición, que xa supera as 120 persoas inscritas. Pola súa banda, Maikon Lapa, representante da organización, sinalou que as previsións son moi positivas e que esperan alcanzar os 200 participantes nos próximos días.

Dende o Concello de Noia puxeron en valor a importancia de seguir impulsando eventos deportivos que atraian actividade á vila, fomenten hábitos de vida saudables e dean visibilidade a disciplinas en crecemento como o Brazilian Jiujitsu.

A xornada estará aberta ao público e desenvolverase, segundo fixo saber o Concello, “nun ambiente familiar e deportivo”, polo que a organización anima a todos os veciños e veciñas a achegarse ao pavillón para desfrutar dun día de deporte, convivencia e espectáculo deportivo arredor desta competición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.