A AECC organiza no Porto do Son unha xornada sobre protección solar e unha cea solidaria

18 Maio 2026

A delegación sonense da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) vai organizar este mes de maio dúas importantes actividades no municipio do Porto do Son, co apoio do Concello e coa colaboración da Xunta de Galicia. Trátase dunha charla divulgativa sobre cancro de pel e unha cea solidaria.

Por unha banda, a AECC celebrará este xoves 21 de maio, ás 18.00 horas, unha charla gratuíta para a veciñanza na que se porá o foco nos recursos que poñemos poñer en xogo para previr o cancro, concretamente o cancro de papel. Mostrarase a importancia da protección solar e dos cribados, moi relevantes de cara ao verán que se aproxima (o sol é a principal causa deste tipo de cancro). A xornada será impartida na Casa da Cultura pola experta Iria Villar, técnica de prevención da AECC.

Respecto da outra actividade prevista, será a cea solidaria do 30 de maio. Celebrarase no Restaurante O Trapeiro de Noia a partir das 21.30 horas. O prezo será de 40 euros. Haberá, segundo confirmou a organización (AECC), baile e sorpresas. Recadaranse fondos para a investigación do cancro. As entradas estarán dispoñíbeis en Xoaniña e Floristería Marita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...