Rianxo enfila a Semana das Letras co concerto “Retrincos” e unha mostra de Laíño

12 Maio 2026

Entre as actividades que preparou o Concello de Rianxo para festexar as Letras Galegas figura o concerto Retrincos a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo e o histórico grupo de teatro Airiños, con sede en Asados. Está previsto para este sábado 16 de maio polo serán, ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal. A entrada será de balde até completar o aforo (con recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función).

Ademais, este venres 15 de maio inaugúrase a exposición Laíño. Reinicio. Obra plástica, que poderá contemplarse dende o 15 de maio até o 15 de xuño, na sala de exposicións do Auditorio Municipal.

Laíño, nado na Barraca, Asados (Rianxo), alá polo 1968, ten participado en diversas exposicións, tanto individuais como colectivas, por todo o territorio galego, Sevilla, Madrid, Lleida, Cádiz, Xerez, Porto, Lisboa, París… Ten obra repartida por diferentes países, desde Rusia a EE.UU. Acadou premios e foi seleccionado en concursos de pintura en Galicia e en diferentes cidades de España. E tamén ilustrou textos de autores rianxeiros. Cursou dous anos de Belas Artes na Facultade de Pontevedra (carreira que ten pendente rematar) e actualmente estuda Historia da Arte na UNED.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.