O PSdG súmase ás demandas dos empresarios de Ribeira para que a Xunta axilice o proxecto do novo polígono

11 Maio 2026

O PSdeG de Ribeira, a través do seu voceiro Francisco Suárez-Puerta, achegou un comunicado no que confirma a súa adhesión á reclamación da Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) na que a patronal reclamaba ao Goberno galego máis celeridade proxecto do novo polígono. Os socialistas din compartir a súa preocupación “pola falta de impulso do PP, tanto desde a Xunta de Galicia como desde o Concello, para sacar adiante o proxecto do polígono industrial, unha infraestrutura imprescindíbel para o futuro económico de Ribeira”.

Os socialistas consideran que “os empresarios están poñendo enriba da mesa unha realidade evidente: Ribeira leva décadas agardando por unha solución real para dispoñer de solo industrial en condicións, mentres empresas, autónomos e novos proxectos seguen sen contar cun espazo axeitado para crecer, implantarse ou consolidar a súa actividade”.

A respecto do devandito, Fran Suárez-Puerta sinala que “Ribeira necesita superficie industrial e non pode seguir paralizada. Os que supostamente viñan acabar coa parálise non están facendo nada. Todo segue igual ou peor que antes de outubro, por falta de vontade política ou por incompetencia. O PP goberna en Ribeira e na Xunta, polo tanto xa non teñen a quen botarlle a culpa”.

Desde o PSdeG advirten, ademais, “de que o futuro industrial de Ribeira pode verse hipotecado pola posíbel sanción derivada da gasolineira de Xarás, especialmente se a Xunta, que ten competencias en materia de industria, non asume as súas responsabilidades e obriga o Concello a facer fronte a unha carga económica que podería comprometer proxectos estratéxicos para Ribeira”.

“Defendemos que o polígono debe avanzar. Hoxe a nosa prioridade é clara: Ribeira precisa solo industrial. Sen superficie industrial non hai capacidade para atraer investimento, nin para que medren as nosas empresas, nin para xerar novas oportunidades de emprego. O que non pode pasar é que unha mala decisión do PP acabe condicionando o futuro económico de todos”, engadiu Suárez-Puerta.

Os socialistas insisten en que o que está a dicir o presidente da Asociación de Empresarios é algo evidente: Ribeira non pode seguir sen polígono industrial. “Nós compartimos plenamente esa reclamación. O Concello e a Xunta teñen que deixar de falar en abstracto e poñer enriba da mesa prazos, solucións e cumprir cos seus supostos compromisos”, sinalan desde o PSdeG.

Por todo isto, o PSdeG de Ribeira reclama á Xunta de Galicia e ao Goberno local “que impulsen de maneira inmediata os trámites necesarios para facer posible o polígono industrial de Ribeira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.