A última xornada do Campionato de España de ILCA Máster decidirá o nome dos seus titulares

10 Maio 2026

Juan Caballero (texto e fotos). Tras a cancelación da única proba que se puido disputar este venres 8 de maio, este sábado o comité da regata logrou roubarlle unha manga a Eolo, cunha ría de Muros e Noia complicada en meteoroloxía que deixou para o último día a resolución do Campionato de España de ILCA Máster, que estes días organiza o Real Club Náutico Portosín.

Adiantada a saída ás 11 da mañá, resultou ser todo un acerto para dar por válida a única manga que se puido disputar, tanto os ILCA 6 como os ILCA 7, podendo obter os primeiros resultados aínda cando o nacional non estaría salvado, pendente de poder completar unha segunda proba este domingo 10 de maio.

Con esta proba xa no taboleiro da clasificación, en ILCA 6 lideran, en Grand Master e a xeneral da categoría, o regatista do Real Club de Regatas Santiago De La Ribera, en Murcia, Carlos Martínez, sendo segundo o representante da Real Federación Andaluza de Vela, Raúl González, líder en Máster.

Pecha o caixón do podio provisional, Xavier Boluda, do Club Nàutic O Balís.

En Great Grand Máster manda o campión olímpico, José María Van Der Ploeg, tamén do Balís.

En Apprentince Máster, David González Osende, da Federación Catalana de Vela.

E en Legends, no formato Open, o luso Manuel Champalimaud, do Clube Naval de Cascais.

En ILCA 7, a primeira praza deféndea o tamén campión olímpico José Luís Doreste, do Maritim de Barcelona, sendo tamén o defensor ao título de Great Grand Master.

Segundo da xeral é Aitor Barrenechea, líder en Máster. E terceiro Pibe Fernández, á fronte dos Grand Master, ambos da Federación Catalá de Vela.

O comité da regata adianta en dúas horas a saída á auga sobre o programa preestablecido, sendo o Top ás 10 da mañá, tentando, o primeiro, conseguir unha segunda proba en ambas as categorías para dar por válido o campionato, e a partir de aí, tentar completar ata tres máis, ao ter por norma só poder celebrar catro probas na súa totalidade nunha soa xornada.

Á entrega de premios confirmaron a súa asistencia a directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, María del Mar Ferreiro; o concelleiro de deportes do Concello de Porto do Son, Carlos Lorenzo; o presidente e o Comodoro do Náutico, José Codesido e Miguel Reboreda, respectivamente; así como Pedro Alarcón, en representación da Real Federación Galega de Vela; e o Secretario da Clase ILCA en Galicia, Manuel Gestoso.

O Campionato de España ILCA Máster está organizado polo Real Club Náutico Portosín, coa colaboración da Real Federación Galega de Vela, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o Concello do Porto do Son, Escora, Gadis, Coca Coca e a Confraría de Pescadores de Portosín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...