Fundamar, COFIGA e a Xunta achegan exercicios terapéuticos ás agrupacións de marisqueo a pé de Muros

06 Maio 2026

A Fundación Fundamar celebrou este 6 de maio en Muros o inicio do seu programa de exercicios terapéuticos dirixido ás agrupacións de marisqueo a pé. Na cita participou o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, quen salientou que o programa segue o ronsel do traballo a prol do sector desenvolvido polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA). Fernández puxo en valor que a iniciativa aposte polos hábitos preventivos para o coidado e a mellora da saúde laboral, por fomentar a sensibilización e concienciación sobre a importancia do estado de saúde xeral e, en definitiva, por mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas profesionais do marisqueo a pé en Galicia.

FUNDAMAR leva a cabo este programa na contorna de Muros e Noia e coa colaboración do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (COFIGA) e o financiamento da Xunta de Galicia.

Tras o éxito da experiencia piloto desenvolvida no ano 2025, esta iniciativa consolídase, en palabras de Fundamar, “como unha ferramenta clave para a prevención de trastornos músculo-esqueléticos, o risco de maior prevalencia entre o persoal dedicado ao marisqueo a pé”. O obxectivo principal é contribuír “á mellora da saúde laboral deste colectivo mediante accións específicas adaptadas ás súas condicións de traballo”.

O programa consta de 8 sesións de traballo, nas que se combinan exercicios orientados tanto á prevención como á recuperación e mellora da condición física das persoas participantes. Estas sesións están deseñadas por profesionais da fisioterapia, tendo en conta as esixencias físicas propias da actividade marisqueira.

Ao longo do ano 2026 desenvolveranse un total de tres programas de exercicio terapéutico. Ademais dos concellos de Muros e Noia, incorporarase tamén o concello de Cabana de Bergantiños, ampliando así o alcance destas accións preventivas e reforzando o compromiso co benestar do sector.

Con esta campaña, FUNDAMAR reafirma a súa aposta pola seguridade e saúde laboral no ámbito marítimo-pesqueiro, promovendo iniciativas innovadoras e eficaces que contribúan a reducir os riscos asociados á actividade profesional no marisqueo a pé. 

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborias lembrou que no marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, o ISSGA inclúe entre os seus obxectivos estratéxicos o de intensificar as actuacións dirixidas a sectores con riscos especiais como o marisqueo, incidindo en actividades con tradición en Galicia. Mentres, no seu Plan de acción de 2026, inclúense accións que promoven e asesoran sobre alimentación saudábel, sobre a práctica de exercicio físico ou sobre outros aspectos relacionados co benestar laboral, en estreita colaboración coas asociacións do sector e tendo moi en conta a perspectiva de xénero e de idade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.