Xerais lanza “O lado nobre” de Irene Lourido, obra gañadora do Concurso de Novela Curta Cidade de Ribeira

30 Abril 2026

Entre os lanzamentos da editorial galega Xerais para esta primavera 2026 figura a primeira novela da xornalista pontevedresa Irene Lourido, O lado nobre, que foi, como lembraremos, a obra gañadora da máis recente edición do Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira, décima edición.

O xurado (constituído polo técnico de Cultura Unai González Súarez; o historiador e bibliotecario Xoán Xosé Fernández Callón; o escritor e gañador da IX edición deste certame, Manuel Esteban Domínguez; a escritora e presidenta de Barbantia, María Xesús Blanco López e a escritora e representante de Xerais, Alba Guzmán Falcón) salientou que “estamos ante unha novela intimista que trata sobre a rede de coidados e as relacións familiares, facendo unha escolla impecábel das palabras para transitar a beleza narrativa dende a sinxeleza”.

Sinopse

Cando o pai da protagonista de O lado nobre ingresa no hospital cunha enfermidade autoinmune, dá comezo unha estadía que se prolongará durante meses de incerteza, complicacións e loita pola supervivencia.

Entre analíticas, bacterias resistentes, illamentos e a dureza do sistema sanitario, a familia constrúe un refuxio de amor, complicidade e tamén moito humor para resistir nesa delicada situación.

Irene Lourido tece nesta novela un relato persoal e conmovedor, unha crónica íntima sobre os coidados, a dependencia e a fraxilidade da vida. Cun estilo directo e emotivo, os textos máis instrospectivos vanse fundindo con anécdotas de momentos vitais, nun exercicio de memoria e noutro de proxección ante a necesidade de atopar beleza e dignidade nos momentos máis difíciles. O lado nobre é un testemuño valente sobre a enfermidade, pero tamén unha celebración da resistencia humana e da tenra relación entre unha filla e o seu pai, que nos convidan a unha xornada de portas abertas á intimidade que eles dous construíron ao longo dos anos.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.