A xornalista Irene Lourido gaña o Concurso de Novela Curta Cidade de Ribeira na súa décima edición

06 Xuño 2025

Este venres 6 de xuño celebrouse o acto de entrega do premio da X Edición do Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira 2024-2026, que foi dar á xornalista galega Irene Lourido pola súa obra O lado nobre do corazón.

O xurado estivo constituído polo técnico de Cultura Unai González Súarez; o historiador e bibliotecario Xoán Xosé Fernández Callón; o escritor e gañador da IX edición deste certame, Manuel Esteban Domínguez; a escritora e presidenta de Barbantia, María Xesús Blanco López e a escritora e representante de Xerais, Alba Guzmán Falcón.

A obra escollida é unha novela intimista que trata sobre a rede de coidados e as relacións familiares, “facendo unha escolla impecábel das palabras para transitar a beleza narrativa dende a sinxeleza”, segundo salientou o xurado, engadindo que “O lado nobre do corazón é un texto de prosa poética e denuncia social, coherente, fluído e polo tanto digno deste recoñecemento”.

O acto de entrega foi presidido polo alcalde, Luís Pérez Barral, xunto á concelleira de Cultura, Antía Alberte, Alba Guzmán Falcón, escritora (en representación da editorial Xerais) e a gañadora do certame, Irene Lourido Loureiro.

A concelleira de Cultura abriu o acto felicitando a Irene pola obra salientando que “é unha novela que trata sobre os coidados, unha muller que coida do seu pai, é unha obra que gustou ao xurado pola escrita, pola súa claridade, e finalmente pola temática elixida pola autora por ser un tema importante de abordar e visivilizar”.

A continuación, Alba Guzmán procedeu a ler a acta do xurado para despois facerlle a entrega o alcalde do diploma acreditativo e dun cheque valorado en 3.000 euros que, xunto coa publicación da obra, forman parte do premio.

A galardoada mostrouse moi agradecida polo premio e sinalou que era a primeira vez que se presentaba a un certame literario e a primeira vez que escribía algo consistente máis ala duns relatos cos amigos. A xornalista da CRTVG definiu a súa obra como “un relato de relatos que acaban case creando unha especie de diario emocional tendo como base unha hospitalización longa na que parece que o tempo se detivese. Esa pausa é a que permite á narradora facer un exercicio de memoria e ao mesmo tempo de proxección cara o futuro, é aí, é onde van xurdindo esas reflexións”.

Rematou sinalando que “é unha obra onde se vai fiando realidade con ficción relatada cunha prosa poética moi directa”.

Pérez Barral, para finalizar o acto, deu os parabéns a Irene Lourido e puxo en valor este certame literario “que cumpre 20 anos e que está totalmente consolidado”. Tamén salientou “que é un orgullo para o Concello acoller nesta presentación a unha persoa que recoñecemos de vela como

xornalista na CRTVG pero que agora estréase como escritora en Ribeira”.

O rexedor agradeceu o labor do xurado que tivo que ler máis de 20 novelas: “Sabemos que é un traballo difícil e moitas veces pouco visíbel”. O alcalde sinalou que “estamos vendo que hai un forte sistema literario galego de xente que está concienciada en escribir na nosa lingua e por tanto este premio no só ven a respaldar senón a pór en valor a lingua galega e permite ser un foco de xeración de nova literatura no noso país”.

Para finalizar, agradeceu aos representantes da editorial Xerais “por colaborar na publicación do libro que estamos desexosos de presentar no vindeiro ano”. Dende o Concello agradeceron tamén a cantidade e diversidade de obras presentadas, un total de 20, con estilos ben diferentes.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.