O Pazo de Goiáns acolleu a IV edición do Campionato Barista de Centros de Educación Especial

29 Abril 2026

O Pazo de Goiáns, en Boiro, acolleu este mércores 29 de abril o IV Concurso Barista de Colexios de Educación Especial organizado polo CEE López Navalón. O alcalde, José Ramón Romero, participou na entrega de premios xunto con María Eugenia Pérez, directora xeral de Formación Profesional e Silvia Marín, directora do CEE López Navalón.

Participaron nesta edición nove centros e o gañador foi o CEE Infanta Elena; o segundo premio foi para o CEE Aceesca Lume ; e o terceiro premio para o CEE Maria Mariño.

Este evento, que se celebra en Boiro por cuarto ano consecutivo, trátase dun campionato práctico que se celebra na especialidade de servizos de restauración dos programas formativos de centros de educación especial.

O alcalde, José Ramón Romero, destacou a importancia de actividades como esta para “favorecer e promover a inclusión tamén no emprego, apostando pola formación nos colexios de educación especial con saídas profesionais como son a hostalaría ou a restauración e que teñen tanta importancia na nosa zona”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.