O Concello de Boiro vai desenvolver un novo obradoiro dual de emprego (Torre Goiáns V)

24 Abril 2026

O Concello de Boiro vén de recibir unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para levar a cabo o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V durante o curso 2026-2027 nas especialidades de forestal e carpintería. O obradoiro está destinado a 20 alumnos/as traballadores.

A formación estará dividida en dúas especialidades con 10 alumnos/as en cada unha; por unha banda Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e pola outra Instalación de elementos de carpintería. O alumnado contará cun contrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo de 40 horas semanais cun horario de 7.30 a 15.30 horas de luns a venres.

O alumnado participante formarase de xeito teórico e tamén práctico realizando tarefas de prevención en materia de incendios mediante a consolidación de frondosas e limpeza de faixas secundarias; tamén traballos de conservación de valorización do Camiño A Orixe; integración de elementos de madeira no Pazo de Goiáns; mellora da sinalización do Camiño A Orixe; mellora e creación de pasarelas en Barraña, Carragueiros e Mañóns e mellora das instalación dos elementos de carpintería nos Centros Sociais do concello.

O inicio do curso está previsto para o 1 de xuño polo que o Concello de Boiro iniciará nas vindeiras semanas o proceso selectivo para os 20 alumnos e alumnas así como para o persoal docente. Para participar será necesario estar inscrito como demandantes de emprego na Oficina de Emprego na modalidade de “taller de emprego”.

Para levar a cabo o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V o Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 467.052,00 euros.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.