Os maiores de Rois coñeceron in situ o patrimonio e a paisaxe de Mallorca

24 Abril 2026

Persoas maiores de Rois veñen de vivir unha experiencia inesquecíbel na tradicional viaxe anual organizada polo Concello, que este 2026 tivo como destino a illa de Mallorca.

Do 13 ao 19 de abril, un grupo cheo de enerxía percorreu algúns dos recunchos máis emblemáticos das Baleares.

Durante a estadía, a veciñanza do concello desfrutou dun completo programa de actividades, con visitas guiadas ás Covas do Drach, á cidade de Palma coa súa maxestosa catedral e á fermosa Valldemossa.

Ademais, nunha intensa xornada atravesaron a Serra da Tramuntana para coñecer lugares tan singulares coma o mosteiro de Lluc, Sa Calobra e Sóller. Un día cheo de emocións no que, ademais de en autobús, viaxaron en barco, tranvía e no famoso tren histórico.

Acompañaron o grupo a concelleira de Cultura, Victoria Quiroga, e a técnica de Normalización Lingüística, Inma Seage.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...