O PSdeG-PSOE de Ribeira, crítico coa iniciativa do Goberno local destinada a embelecer locais comerciais abandonados

22 Abril 2026

O PSdeG-PSOE de Ribeira emitiu un comunicado crítico coa iniciativa do Goberno municipal para habilitar recursos estéticos con feitura de vinilos que adecenten os establecementos comerciais baleiros e melloren a estética dos espazos urbanos da localidade. O grupo considera que “esta medida é un intento de tapar o peche de negocios e o fracaso do seu modelo económico en Ribeira” e denuncia que o PP “intenta vender como embelecemento o que non é máis que propaganda pagada con fondos públicos para tapar o abandono que eles mesmos xeraron”.

Para os socialistas “a realidade é evidente, e mentres anuncian adhesivos e embelecemento, os lazos da campaña Enlaza Ribeira podrecen nas árbores do centro e Ribeira paga as consecuencias desta falta de proxecto”.

O portavoz socialista di que “esta actuación unicamente responde a unha estratexia baseada no posado e na propaganda, sen impacto real, evidenciando a falta dun proxecto económico para Ribeira”. E engade: “A alcaldesa actúa seguindo unha lóxica propia de Shary Bobbins, na que o importante non é resolver os problemas, senón agochalos e que non se vexa”.

No comunicado Suárez Puerta opina que “esta forma de actuar demostra que o Goberno do PP está a favorecer a propietarios que incumpren as ordenanzas municipais, en detrimento daqueles que si as cumpren, premiando a quen afea e frea Ribeira en lugar de impulsar a quen si se esforza e cumpre coas normas; estas políticas non favorecen o comercio local, senón que provocan a súa desaparición progresiva”.

Así mesmo, os socialistas din que non hai avances no polígono industrial de Pedras Vermellas, “que continúa sen financiamento nin calendario”, apuntan, engadindo que “isto está a impedir a implantación de novas empresas e limitando o crecemento das existentes pola falta de solo industrial”. Fran Suárez-Puerta manifesta que o PP “leva décadas sen desenvolver nin un só metro de superficie industrial en Ribeira” e acusa ao Goberno local de “facer anuncios sen contido real”.

Suárez-Puerta sinala que “o próximo será propoñer unha lona que tape a zona de Pedras Vermellas para facer ver que existe o polígono”.

Neste contexto, o PSdeG-PSOE de Ribeira levará ao vindeiro pleno dúas accións para tratar a situación do polígono industrial e solicitar “que se actúe de maneira inmediata para evitar o deterioro da imaxe urbana da zona comercial”. Os socialistas denuncian que o estado actual da campaña Enlaza Ribeira “contradí a propia estratexia municipal contra o feísmo” e, por iso, solicitarán “a retirada ou substitución destes elementos e que se redistribúan os fondos previstos para colocar vinilos na promoción do comercio local”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...