Muros e Carnota lanzan un obradoiro dual de emprego centrado nos traballos forestais

20 Abril 2026

O Concello de Muros, coa colaboración do Concello de Carnota, organizará un novo obradoiro dual de emprego para 20 persoas denominado Oe Monte Feixa. Trátase dun programa mixto de emprego e formación que pretende mellorar a empregabilidade das persoas participantes, que recibirán formación e desenvolverán tarefas profesionais remuneradas, ademais de obter unha cualificación profesional que lles permitirá optar a postos de traballo.

En Muros, concello promotor do obradoiro, impartiranse dous módulos cunha duración de nove meses: Aproveitamentos forestais e xestión da biomasa forestal e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

“Os concellos non temos competencias directas en materia de emprego, pero debemos organizar e xestionar actividades de formación que impulsen a inserción laboral da nosa veciñanza”, explica a alcaldesa de Muros, María Lago, “polo que é unha satisfacción que nos concederan o obradoiro despois de presentar e xestionar a nosa solicitude”.

Este obradoiro dual de emprego está co-financiado polo Goberno do Estado e pola Xunta de Galicia.

A data do inicio da formación e as prácticas profesionais será o 1 de xuño de 2026.

Abrirase un prazo de presentación de solicitudes para participar no obradoiro do que se informará desde o concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...