O Albergue da Chaínza de Noia recibe ao seu primeiro peregrino

17 Abril 2026

O Albergue da Chaínza de Noia acolleu na noite de onte ao seu primeiro peregrino, marcando así o inicio da súa actividade como novo punto de acollida para camiñantes do Camiño de Santiago.

O primeiro usuario das instalacións foi Óscar Caldera Merino, de 43 anos e natural de Berga (Barcelona), quen chegou á vila en bicicleta, converténdose no primeiro peregrino en facer noite neste novo espazo.

O albergue está xestionado pola Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago, entidade encargada de coordinar o seu funcionamento. O uso das instalacións para peregrinos é gratuíto, sendo atendido por un hospitaleiro da propia Fraternidade. Os ingresos baséanse exclusivamente nas achegas voluntarias dos camiñantes.

O Albergue da Chaínza foi posto en funcionamento despois de que o novo goberno municipal realizase as obras de dotación de subministracións necesarias, así como tras establecer o acordo de colaboración coa Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago para a súa xestión.

O alcalde de Noia, Fran Pérez, visitou ao peregrino para darlle a benvida, acompañado por “Paco”, un veterano peregrino que exercerá como hospitaleiro voluntario durante os primeiros quince días de funcionamento do albergue.

O Albergue da Chaínza conta cun total de 24 prazas, distribuídas en camas para ofrecer un servizo cómodo e adecuado ás necesidades dos peregrinos. Ademais, está previsto que nas próximas datas se celebre un acto de inauguración pública, co obxectivo de abrir oficialmente este novo recurso á veciñanza e dar a coñecer as súas instalacións.

Este novo albergue supón un importante impulso para o paso de peregrinos por Noia, reforzando a súa posición como punto destacado dentro do Camiño da Ría Muros-Noia.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.