A Deputación culminou en Gourmets catro días de promoción da excelencia gastronómica da provincia

17 Abril 2026

A Deputación da Coruña pechou este xoves 16 de abril a súa participación no 39.º Salón Gourmets e fíxoo cun balance “moi positivo” tras catro días de intensa actividade na principal feira internacional de alimentación e bebidas de alta gama do Estado, celebrada en IFEMA, Madrid.

O vicepresidente e deputado de Turismo e Promoción Económica, Xosé Regueira, valorou “moi favorabelmente” a presenza da institución provincial nesta nova edición do evento e destacou que “seguimos consolidando a provincia da Coruña como unha referencia gastronómica no contexto internacional”.

Regueira subliñou que a participación da Deputación neste tipo de encontros profesionais “permite abrir novas vías de negocio e facilitar contactos entre produtoras, produtores e profesionais do sector”, ao tempo que reforza a visibilidade da marca gastronómica provincial, A paisaxe que sabe.

O vicepresidente destacou tamén o éxito da programación desenvolvida ao longo dos catro días, na que se sucederon degustacións, catas, relatorios e showcookings protagonizados por produtoras, produtores e profesionais da restauración da provincia. “A proposta que trouxemos a Madrid demostrou, unha vez máis, a extraordinaria calidade dos produtos da nosa terra e o altísimo nivel da restauración coruñesa”, afirmou.

Participaron, entre outras/os marcas, establecementos e chefs, Cafés Aruba, Luís Paadín, Noelia Rodríguez (do restaurante Casa Peto de Outes, achegando destacados showcookings nos que elaborou mexillón en escabeche Leocadia e tosta de sardiña afumada de Portosín), Adrián Felípez (do Restaurante Miga da Coruña), Gallegas de Nata (A Coruña), A Conserveira (Ribeira), Juan Crujeiras (O Bido da Coruña), Iria Espinosa (Árbore da Veiga) ou Chichalovers (Santiago).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.