A ABE impulsa o proxecto “Mans que teceron futuro” para poñer en valor o papel das mulleres no desenvolvemento económico de Boiro

15 Abril 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) presenta o proxecto Mans que teceron futuro, unha iniciativa que nace a partir da publicación do libro homónimo e que evoluciona cara a un programa integral de actividades orientadas a “recoñecer, visibilizar e impulsar o talento feminino no tecido empresarial local”, en palabras da ABE.

Este proxecto ten a súa orixe na edición da obra Mans que teceron futuro, de Antón Rodríguez Gallardo, prologada por Ana Cabana Iglesia, unha investigación que recupera as traxectorias vitais de mulleres de Boiro que tiveron un papel relevante en ámbitos como o comercio, a industria, a política ou a reivindicación social.

“Máis alá do seu valor cultural, o libro convértese no eixo vertebrador dun proxecto máis amplo que conecta memoria, empresa e sociedade”, valora a ABE coincidindo coa presentación do proxecto, apuntando que o obxectivo é “pór en valor a contribución histórica das mulleres ao desenvolvemento económico e social de Boiro, xerar referentes próximos que sirvan de inspiración para o emprendemento, visibilizar o talento feminino e reforzar o seu posicionamento como entidade comprometida coa igualdade e o territorio”.

O proxecto estrutúrase arredor de tres accións principais desenvolvidas ao longo do mes de abril. A primeira delas foi a presentación do libro o pasado 10 de abril no salón de actos da ABE, nun evento que marcou o inicio dun ciclo de actividades centradas na memoria e no recoñecemento do liderado feminino.

A segunda acción terá lugar o vindeiro 16 de abril no Viveiro de Empresas de Boiro, cunha mesa redonda baixo o título Mans que teceron futuro: experiencias inspiradoras no camiño de emprender. Nesta sesión participarán Diana Torrado Otero (Banco Mediolanum), Lola García Sánchez (García Sánchez) e Rosa Tubio (Librería Nobel Boiro), que achegarán diferentes visións do emprendemento desde o autoemprego, a empresa familiar e a franquía. A mesa estará moderada por Tomás Estévez, xerente da ABE, e contará cunha intervención inicial do presidente da entidade, Daniel García.

Como peche do proxecto, o 23 de abril celebrarase unha edición especial do evento Fálame Sempre, dedicada ao emprendemento feminino baixo o formato Pecha Kucha. Baixo o título Mans que teceron futuro: encontro de empresas creativas, o evento reunirá a profesionais como Vanesa Hermo (Acento Homes), Maitane Vicente (ULA Libraría Social), Nuska Chousa (Alma da Vella Chousa), Ramona Pouso e Alicia Regueira (Frutas Reyjosa), así como Lola Castro e María Abuín (A de Lola). O acto estará presentado por Alberto García e Natalia Carou e será aberto ao público con inscrición previa.

Mans que teceron futuro configúrase así como un proxecto integral que combina valor cultural, social e empresarial, destacando pola súa capacidade de transformar unha publicación editorial nunha experiencia colectiva que conecta pasado, presente e futuro.

Con esta iniciativa, a ABE consolida unha liña de traballo centrada na creación de relato e identidade territorial, apostando por accións que non só representan ao tecido empresarial, senón que tamén contribúen a construír comunidade e a inspirar novas xeracións.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.