O Programa Integrado de Emprego de Ribeira impulsa un novo curso de cociña colectiva con 15 participantes

11 Abril 2026


A terceira edición do Programa Integrado de Emprego de Ribeira continúa a súa andaina cun novo curso centrado na cociña colectiva coa asistencia dun total de 15 persoas. Durante a impartición do mesmo, nesta semana tiveron ocasión de recibir formación da man de PescadeRías, a cal consistiu
nunha visita polo mercado municipal para coñecer as diferentes especies de peixes e mariscos, etiquetado ou rastrexabilidade, entre outras cuestións; unha sesión na que colaboraron as praceiras e praceiros.

O dito curso de cociña colectiva ensina nocións básicas sobre o traballo en comedores escolares ou catering, cunha duración total de 35 horas e que desenvolve nos luns e martes ata finais de mes.

Segundo manifestou a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Carmen Pérez, “recentemente finalizamos o curso de aplicación de fundamentos básicos en cociña e xa toca volver a poñerse aos fogóns co de cociña colectiva. En meses pasados tamén se impartiron o de carretilla, manipulación de alimentos ou hixiene alimentaria. Temos un firme compromiso coa formación como mecanismo para a capacitación e introdución ao mundo laboral”.

Compromiso de inserción laboral do 45%

O Programa Integrado de Emprego de Ribeira conta coa participación dun cento de persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e residentes nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Porto do Son, cun compromiso de inserción laboral do 45%.

Ao longo de doce meses reciben orientación, formación e intermediación laboral baseada nunha metodoloxía que combina a parte expositiva coas dinámicas de grupo, buscando adaptarse ás necesidades e utilizando as novas tecnoloxías para favorecer a comunicación e a conciliación, así como o desenvolvemento de habilidades para a busca de emprego.

O Programa Integrado de Emprego 2025-2026 está promovido polo Concello de Ribeira e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.