O voluntariado Actúa de Afundación retirará plántulas de piñeiro e especies exóticas invasoras en Corrubedo para protexer as dunas

10 Abril 2026

Persoas voluntarias convocadas por Afundación a través do seu programa de voluntariado Actúa traballarán este sábado 10 de abril no complexo dunar do Parque Natural Corrubedo na retirada de plántulas de piñeiro (Pinus sp.). A actuación deseñouse para tratar de poñerlle freo ao seu avance que, de xeito progresivo, estalle a comer terreo á duna e ás especies propias, favorecendo a extensión do bosque e desacelerando a súa mobilidade natural.

Xunto cos piñeiros, está prevista a retirada doutras especies exóticas invasoras como Conyza sp., a margarida africana Arctotheca calendula e varios pes de áloe.

Esta actividade foi planificada no marco de PLANCTON, o Plan de Conservación Territorial impulsado pola Obra Social de Abanca, a través do cal a entidade desenvolve un labor continuo de protección e posta en valor do patrimonio natural galego. A iniciativa lévase a cabo coa colaboración activa do seu voluntariado, que participa en actuacións distribuídas ao longo de distintos puntos da costa de Galicia.

O principal obxectivo deste programa é “garantir a conservación destes espazos de alto valor ecolóxico e paisaxístico, promovendo accións que contribúan á súa protección e ao mantemento da súa biodiversidade co fin de salvagardar estes enclaves para as xeracións futuras, asegurando que poidan gozar deles nas mesmas condicións nas que son apreciados na actualidade”.

Data e hora
Sábado, 11 de abril
De 10.00 a 14.00 h

Abanca compartiu a localización do punto encontro no Parque Natural.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.