O Concello de Lousame inviste 10.000 euros na mellora dos focos técnicos do auditorio da Casa da Cultura Santeiros de Chave

01 Abril 2026

O Concello de Lousame vén de substituír os focos técnicos do auditorio da Casa da Cultura Santeiros de Chave, unha actuación na que investiu preto de 10.000 euros. Unha nova instalación que supón unha importante mellora no alumeado do escenario grazas á colocación de sete novos focos LED, de 100 e 180 vátios de potencia e á substitución dos equipos e cabreados existentes.

Unhas instalacións que foron supervisadas polo alcalde de Lousame, Esteban Ares García; quen estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo; e o concelleiro de Obras, Ramón Martínez. “Esta actuación non só suporá unha importante redución do consumo eléctrico e un menor impacto ambiental, senón que tamén mellorará especialmente a calidade da experiencia dos veciños e veciñas que asisten aos distintos espectáculos e actividades que se desenvolven neste auditorio”, explica Esteban Ares.

De feito, os novos focos permiten un mellor control da luz, mellorando a calidade de eventos e concertos. Tamén permiten unha maior capacidade para destacar cores no escenario e mesmo cambiar a atmosfera da sala sen necesidade de cambiar manualmente os filtros. Economicamente, tamén suporán un aforro para o Concello de Lousame, xa que os focos LED teñen unha maior vida útil, xeran moito menos calor e teñen un menor consumo eléctrico.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...