Este xoves Clodio González Pérez e Gonzalez Millán falarán nas xornadas de Historia de Ribeira sobre os cruceiros e Valle-Ínclán

25 Marzo 2026

As 6 da tarde o membro da Real Academia Galega, Clodio González Pérez, falará este xoves 26 sobre “Os cruceiros de capela do Concello de Ribeira: estudo artístico e histórico“, dentro das Xornadas Históricas de Ribeira. A cita será a partir das 18 horas na Sala Polivalente do Novo Auditorio ribeirense. Ase mesmo poderase vela maqueta do Santa Isabel feita por José Antonio Barreiro e que permacerá no Auditorio durante a semana.

As xornadas continuarán ás 7 da tarde cunha charla de Antonio González Millán, director do museo Valle-Inclán da Pobra, que abordará a relación de Valle-Inclán con Ribeira para rematalo venres cunha charla sobre o ribeirense Xosé Ramón Barreiro Fernández a cargo do académico o rianxeiro Xosé Luís Axeitos.

Outros artigos

A ABE lanza a campaña Black Friday Local: Grazas por estar aí

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha hoxe luns, 23 de novembro, a campaña Black Friday Local – Grazas por estar aí, unha iniciativa coa que se quere aproveitar esta semana para "agradecer a confianza das persoas que apoian as empresas de Boiro" e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.