Estudantes e profesores da Universidade Intercontinental da Empresa retirarán lixos mariños na praia de Ventín (Muros)

18 Marzo 2026

Máis de corenta estudantes e profesores da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE) participarán este próximo venres 20 de marzo na praia muradá de Ventín nunha gran limpeza de residuos mariños organizada por Afundación no marco do programa PLANCTON.

Hai dous meses, nunha actividade similar organizada pola Obra Social de Abanca no mesmo concello de Muros, o colectivo de mariscadoras xa conseguira retirar preto de 400 quilos de residuos das praias de Cabanas, Area do Medio e O Seixal.

Máis aló da propia limpeza en si, a participación da comunidade educativa a través dos campus de Vigo e A Coruña da UIE constitúe un elemento clave desta iniciativa. En palabras de Afundación, “a implicación conxunta de profesorado e alumnado non só contribúe á mellora e coidado do entorno litoral, senón que tamén reforza os lazos de unión, cooperación e aprendizaxe compartida entre os diferentes campus, promovendo valores de responsabilidade ambiental e participación activa”.

Estes principios son, precisamente, un dos aspectos esenciais sobre os que se sustentan os programas PLANCTON e Educación para a Sostibilidade, impulsados pola Obra Social de ABANCA, que impulsan esta nova actividade a prol da protección e conservación do medio ambiente.

A actividade contará coa colaboración do Concello de Muros, quen se fará cargo da xestión final de todos os residuos retirados das praias durante a xornada.

As coordenadas xa están dispoñíbeis en liña para quen queira participar.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.