A ANPA do IES Nº 1 de Ribeira organiza un obradoiro sobre Tai-Chi para as e os estudantes do centro

02 Marzo 2026

O 5, 6, 12 e 13 de marzo a ANPA O Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira levará a cabo no dito centro educativo de Ribeira (Coroso) unha actividade formativa para mellorar a calidade de vida da mocidade: o obradoiro físico-mental Tai-Chi para adolescentes: educación corpo e mente.

A ANPA explicou que “empregaremos este arte marcial chino de interese para o alumnado para conseguir promover o seu benestar físico, emocional e postural. Adquirindo equilibrio, coordinación, forza, resistencia, control corporal, serenidade, relaxación, paciencia e presenza, autocoñecemento corporal, regulación emocional, confianza e autoestima, a que lles axudará a previr tensións e estrés”.

Esta actividade consta de 2 sesións de 50 minutos cada unha por grupo, impartida no ximnasio do centro educativo.

Haberá sesións adaptadas, participativas e dinámicas, e serán accesíbeis a todo tipo de condición física “nun ambiente seguro e respectuoso”. Está dirixido a dous centos alumnos e alumnos da ESO e Bacharelato.

Esta actividade, organizada pola ANPA e subvencionada pola Deputación da Coruña, atende á demanda do Departamento de Educación Física do IES Nº1 para ampliar e complementar os contidos de control corporal, benestar físico e expresión corporal da materia de Educación Física.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.