María Quintenla e Esteban Toucedo conquistan o ouro da V Carreira Nocturna Jealsa

15 Xullo 2019
Cedida por Barbantia Roda

20190715. A V Carreira Nocturna Jealsa congregou a uns 350 participantes, preto da metade nenos, na noite do sábado. Este evento deportivo constou dun circuíto urbano semellante ao de edicións anteriores e cun percorrido de 8 quilómetros 200 metros na categoría absoluta. Os nenos de 4 a 6 anos recorreron 100 metros, 500 para os de 7 a 9, 1.000 para os de 10 a 12, 1.500 para os de 13 a 15 e 1.500 para os de 16 a 17.

A saída na categoría infantil tivo lugar ás 21.00 horas e na categoría absoluta ás 23.00 horas. O podio feminino desta última estivo composto por María Quintenla, seguida de Elena Matalobos e Verónica do Pazo. Pola súa parte, Esteban Toucedo, Víctor González Horta e Juan Carlos Rodríguez acadaron o masculino.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.