Piden tres anos de cárcere para un acusado de agredir a dúas persoas cun rastrelo en Boiro

01 Marzo 2026

A Fiscalía solicita tres anos e nove meses de prisión para un home acusado de golpear a dúas persoas cun rastrelo nas inmediacións do instituto de Espiñeira, en Boiro, nun suceso ocorrido en xuño de 2020.

O xuízo está previsto que se celebre o 4 de marzo na sección correspondente da Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago de Compostela, onde se determinará a responsabilidade penal do acusado polos feitos acontecidos hai case seis anos.

Segundo recolle o escrito de acusación, o procesado —maior de idade e sen antecedentes penais— iniciou un altercado na zona e, no transcurso do mesmo, presuntamente agrediu a un home cun rastrelo, propinándolle un golpe na cara. A consecuencia do impacto, a vítima sufriu lesións que precisaron asistencia sanitaria e varios puntos de sutura entre o pómulo e o ollo.

No mesmo episodio, o acusado tamén tería golpeado a outra persoa co mesmo instrumento, alcanzándoa no brazo e na man. Esta segunda vítima requiriu igualmente atención médica.

O Ministerio Público atribúelle dous delitos de lesións e, ademais da pena de prisión, reclama o pagamento de indemnizacións para os prexudicados. Para a primeira vítima solicita 6.000 euros polas lesións e 2.800 euros polas secuelas, cantidades que poderían incrementarse cos xuros legais correspondentes. No caso da segunda persoa agredida, tamén se pide compensación polos danos sufridos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.