O Concello de Boiro desenvolve nos centros de ensino un programa de prevención do acoso escolar

26 Febreiro 2026

O Concello de Boiro está a levar a cabo nos centros de ensino de Boiro un programa de prevención do acoso escolar que se desenvolve no marco do Proxecto EnClave 2025-2026. A concelleira de Ensino, Carmen Silva, participou este xoves 26 de febreiro nunha das sesións que tivo lugar no CEIP Santa María do Castro, en Cabo de Cruz.

Este programa, realizado por Exeria, desenvólvese tanto en centros de primaria como de secundaria, nos que se levan a cabo obradoiros de prevención do acoso escolar e resolución de conflitos. O obxectivo xeral é fomentar a convivencia positiva, o respecto mutuo e a adquisición de ferramentas que permitan ao alumnado xestionar de forma adecuada os conflitos cotiáns.

As sesións, que poden ser individuais ou grupais, organízanse en función das necesidades de cada centro e grupo participante nas que se abordan diferentes aspectos relacionados coa convivencia escolar, o respecto e a resolución positiva de conflitos.

“Trátase dun programa con moita demanda e moi boa acollida por parte do profesorado xa que o acoso escolar é unha problemática social moi grave que afecta a toda a comunidade educativa a nivel nacional”, afirmou a concelleira Carmen Silva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...