María Sampedro di que a compra da conserveira Cerqueira pon fin “a un proceso complexo pasando da política das palabras á dos feitos”

24 Febreiro 2026

O pleno do Concello de Ribeira aprobou este luns 23 de febreiro o acordo para a compra da antiga fábrica de Conservas Cerqueira S.A, que permitirá a adquisición, en adxudicación directa, do inmóbel por un importe de medio millón de euros. A nave, situada no barrio de Bandourrío é de interese histórico e arquitectónico, e conta cunha superficie lixeiramente superior aos 500 metros cadrados, que serán transformados nun espazo multiusos a disposición da veciñanza, cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado con fondos Next Generation EU.

A aprobación non estivo exenta de polémica, tal e como sinalamos neste medio reflectindo o punto de vista do BNG.

En palabras da alcaldesa, María Sampedro, “este acordo permite poñer fin a un expediente cargado de informes técnicos e vinculantes que debían ser rigorosos e que non existían cando, o pasado 10 de outubro, o anterior alcalde quixo enganar aos veciños de Ribeira cunha compra ficticia que carecía de calquera validez legal”, afirmou a rexedora, sinalando “agora si se materializa con feitos concretos e reais” a adquisición do inmóbel.

Sampedro anunciou que enviará a certificación do acordo plenario á notaría para poder proceder a súa sinatura á maior brevidade, “terminando así cun proceso que permitirá saldar a débeda que o Concello de Ribeira tiña desde fai anos cos veciños de Bandourrío”.

A alcaldesa apuntou que “mentres non existe unha escritura pública dunha notaría, é imposíbel exercer a compra”.

Sampedro aproveitou todo este proceso para cargar contra a xestión do anterior rexedor ao que acusou de “non facer nada durante dous anos” para axilizar todo este proceso, engadindo que “o que vivimos hai catro meses foi un paripé que se fixo en tres días e co que algún pretendía arranxar un tema que non é nin moito menos menor, cun inmóbel que ten unha parte privada e unha parte concesionada”, apuntou.

“Esta maneira de actuar”, seguiu Sampedro, “provocou que o Concello de Ribeira correse o risco de perder os fondos europeos ao asinar un acordo que era nulo de pleno dereito”.

A rexedora cualificou o devandito de “irresponsabilidade institucional cara aos propietarios e cara aos veciños cunha compra falsa, algo que non é digno de ninguén que estivese a gobernar o Concello de Ribeira”.

Tamén deu os parabéns á veciñanza que “por fin van a ter para o seu uso público un edificio cun valor patrimonial, industrial e cultural valiosísimo e que forma parte da idiosincrasia do pobo ribeirense”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.