Noia celebra o Día de Rosalía cun recital poético e degustacións do Caldo de Gloria

21 Febreiro 2026

O Concello de Noia vai celebrar este 23 de febreiro o Día de Rosalía. Farao na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos cunha programación especial para celebrar “a nosa poeta máis universal”, con actividades culturais e unha proposta gastronómica moi especial. A axenda dará comezo ás 19.00 horas. Inclúe unha charla e un recital poético coa participación de Ana Blanco (Fundación Rosalía), Chelo Martínez (Concelleira de Cultura), Lucía del Puerto (Club de Lectura María Mariño) e o grupo de teatro Teatreiras Merendeira, entre outras persoas participantes.

Tamén haberá ao longo destes días degustacións do Caldo de Gloria de Rosalía (como parte do menú do día) en diferentes establecementos hostaleiros: o venres no Mesón Xiada, o sábado no Restaurante Mesturas e Mesón Xiada, o domingo no Restaurante Mesturas e o luns no Restaurante Elisardo. Ademais, o luns tamén como tapa no Mesón Senra!

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.