O Auditorio de Muros proxecta esta fin de semana “Aida y vuelta” de Paco León e a película de animación para a rapazada “Como cabras”

20 Febreiro 2026

O Auditorio de Muros volve a apostar polo cinema de máxima actualidade e por achegar á veciñanza as estreas que tamén poden desfrutar nas grandes cidades. Esta fin de semana proxecta Aída y vuelta e Como cabras nunha nova fin de semana de cinema para todos os públicos

As sesións terán lugar de venres a domingo no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Aída y vuelta, dirixida por Paco León e protagonizada por parte do elenco da coñecida serie, sitúa a acción no rodaxe dun episodio da ficción televisiva, combinando as tramas dos personaxes co que acontece fóra da cámara.

As sesións serán o venres 20 e sábado 21 de febreiro ás 20:30 horas, e o domingo 22 ás 19:00 horas. A película non está recomendada para menores de 12 anos.

Para o público infantil e familiar, o auditorio proxectará Como cabras (GOAT), unha aventura de animación que conta a historia de Will, unha pequena cabra que recibe a oportunidade de xogar ao rugebol profesional, un deporte de alta intensidade dominado polos animais máis fortes e rápidos.

As sesións celebraranse o sábado 21 e domingo 22 de febreiro ás 17:00 horas.

A concelleira de Cultura, Caridad González Cerviño, destacou que “esta programación permite ofrecer cine para distintos públicos na mesma fin de semana, combinando unha proposta para adultos cunha película familiar pensada para compartir”.

As entradas están dispoñíbeis na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.