Os dispositivos da Policía de Rianxo no inicio do Entroido sáldanse con alcoholemias positivas, 2 bicicletas roubadas recuperadas e incautación de drogas

19 Febreiro 2026

A Policía Local de Rianxo enfilou o inicio dos festexos do Entroido (a semana pasada) atendendo unha manchea de incidencias e acometendo un bo número de accións de vixilancia e seguridade cidadá, entre as que se incluíron varios controis preventivos de tráfico e a participación nunha campaña especial de vixilancia de camións e autobuses impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico – España, dando como resultando as seguintes intervencións:

Delitos contra a seguridade viaria. Instruíronse 4 atestados:

Tres alcoholemias positivas.

Un atestado por conducir co permiso retirado por orde xudicial e por condución temeraria ao poñer en perigo concreto ao resto de usuarios da vía fuxindo dos axentes tras darlle o alto.

Infraccións administrativas en materia de tráfico. Tramitáronse:

4 denuncias administrativas por alcoholemia.

1 denuncia administrativa por positivo en drogas.

3 denuncias por infraccións relativas á documentación de vehículos e condutores.

1 denuncia por circular sen seguro obrigatorio, procedéndose á inmobilización do vehículo.

Actuacións en materia de seguridade cidadá:

Recuperáronse 2 bicicletas que foran furtadas dentro dun edificio, identificándose ao presunto autor e instruíndo un atestado por delito contra o patrimonio.

Incautáronse diversas doses de substancias estupefacientes (cocaína e heroína), tramitándose as denuncias oportunas.

Interveuse un obxecto perigoso utilizado como arma.

Efectuáronse varias intervencións por incidencias na vía pública e en vivendas.

Realizáronse numerosas identificacións preventivas en zonas onde se están a producir furtos e roubos, incluídas as inmediacións das instalacións do Punto Limpo.

Ademais, no marco da campaña específica de control de camións e autobuses non se rexistrou ningunha infracción, o que, en palabras dos axentes, “reflicte un comportamento responsábel por parte dos profesionais do sector”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.