O Secadeiro (Outes), recoñecido cun Sol da Guía Repsol

17 Febreiro 2026
Os responsábeis de O Secadeiro, emprazado en Banzas (Outes)

A Guía Repsol deu a coñecer os nomes dos establecementos galegos acabados de recoñecer, neste inicio de 2026, cos Soles Guía Repsol. Trátase de A Tafona, de Santiago, distinguido con 3 Soles, e de Marna (Pontevedra), Alberte (Vigo), O Secadeiro (Outes), El de Alberto (A Coruña), Gunnen (A Coruña), Vértigo (Sober, Lugo) e Miguel González (O Pereiro de Aguiar, Ourense), recoñecidos cun Sol. Con estas oito incorporacións, Galicia conta cun total de 49 restaurantes galardoados, 34 cun Sol, 12 con dous Soles e 3 con tres Soles.

“A Guía Repsol ten todo o ano posto o radar nos restaurantes que mesturan intelixencia e intuición e búscaos proactivamente polo territorio para que sigamos probando cousas novas”, explicou María Ritter, directora da Guía Repsol, engadindo que “as tendencias gastro evolucionan cada ano e nesta edición 2026 a fusión entre distintas comunidades de España substitúe ás influencias máis exóticas, que tanto tempo prevaleceron nos restaurantes. Hai propostas tamén rupturistas, que conviven con outras máis evocadoras e a conciliación esténdese no sector”.

Respecto de O Secadeiro de Outes, lembrar que recentemente foi galardoado cunha Estrela Verde Michelín e que se trata dun prestixioso establecemento emprazado en Banzas (Outes). Os seus cociñeiros Eva Guzmán e Fernando Rodríguez apostan de cheo polo produto local e por “tratar ben a terra e o produto, ademais de por traballar coa maior naturalidade posíbel”. De feito, poden gabarse de que boa parte do que producen, arredor do 80%, foi elaborado con ingredientes de quilómetro cero. O Secadeiro aséntase nunha antiga construción de pedra, no lugar de Banzas, dende a que Eva e Fernando renden homenaxe ás súas raíces mediante unha carta que explora o produto autóctono para desenvolver as súas posibilidades.

.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.