Venres 13, con choivas tormentosas nas Rías Baixas e Santiago

12 Febreiro 2026

Galicia vivirá o venres 13, Santa Catalina e Benigno, unha xornada de inestabilidade atmosférica coa entrada dunha masa de aire polar marítima, con chuvascos localmente tormentosos e posible sarabia nas Rías Baixas e arredor de Santiago de Compostela.

Agárdanse ceos con intervalos nubrados e precipitacións intensas, algunhas con caracter tormentoso e sarabia, máis frecuentes e persistentes nas Rías Baixas durante a tarde. A cota de neve baixará de 1.200 metros pola mañá ata 800 metros pola noite, con acumulados posibles en zonas montañosas próximas a ambas áreas.

As temperaturas mínimas e máximas rexistrarán un lixeiro descenso, incrementando a sensación de frío invernal. Os ventos do noroeste soprarán moderados con intervalos fortes en terra, moi fortes nas montañas e con refachos que afectarán á condución, e serán fortes no mar, con mar de fondo nas Rías Baixas. Recoméndase precaución en desprazamentos e actividades ao aire libre.

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 6 a 7 á mañá e á tarde e 6 a 8 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e vaga á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 2 a 3 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.