En Noia, o temporal “Nils” derruba parte da varanda do paseo marítimo

11 Febreiro 2026

O temporal Nils, que azouta a nosa comarca con ventos de máis de 80 quilómetros por hora, provocou desperfectos de consideración no paseo marítimo de Noia, segundo confirmou o Concello este mércores 11 pola tarde ao tempo que advertiu á veciñanza do risco de acudir á contorna do paseo.

En concreto, os refachos derrubaron parte das varandas de madeira do paseo, cuxos restos caeron á ría. “Pregamos á veciñanza precaución e, ante todo, que non se achegue á pasarela para evitar riscos e garantir a seguridade de todas as persoas”, solicitou o Concello, engadindo que unha patrulla da Policía Local e do GES de Noia procederon ao precintado da zona afectada.

O equipo de goberno municipal xa mantivo unha reunión con Portos de Galicia, entidade propietaria da infraestrutura, solicitando “o arranxo integral do espazo, e volveremos trasladarlle novamente esta situación incidindo na urxencia de actuar e no necesario arranxo desta infraestrutura tan deteriorada”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.