Ribeira reparte preto de 600 elementos de protección entre o comercio e a hostalería local. O mercadiño abre este sábado só con produtos de alimentación e plantas

12 Maio 2020

A Comisión de Seguimento de Evolución do COVID-19 deu conta esta mañá do material que se ten repartido ata o momento entre a hostalería e o
comercio local coa fin de axudar á súa autoprotección nesta desescalada.
Así, segundo se fixo reconto, xa son preto de 600 os elementos subministrados, ben a través da Asociación de Empresarios de Ribeira ou ben directamente polos servizos municipais, como GAEM e Protección Civil. Deses elementos, 82 son mamparas separativas; 200, máscaras faciais; e 300 mascarillas.
Mercadiño
Outro importante asunto abordado hoxe é o do mercadiño. Despois
dun pormenorizado análise incluíndo a consulta a outros municipios,
acórdase que a reapertura este sábado sexa unicamente para
produtos de alimentación e plantas, posto que non se pode asegurar
que a parte téxtil estea en condicións a día de hoxe de cumprir cos
protocolos de seguridade establecidos. O mercadiño situarase no seu
lugar habitual na explanada portuaria coas medidas de separación,
seguridade e sinalización xa fixadas ao inicio do estado de alarma e
que logo foron adoptadas pola Xunta, ademais do disposto no Real
Decreto 463/2020.

Outros acordos adoptados foron a ampliación do horario de apertura ao público da Oficina de Atención Cidadá, que pasa a ser de 9.30 a 13.30 horas; así como a extensión dos labores de limpeza e mantemento ao paseo do río de Artes, onde está previsto que esta semana actúe a empresa de inserción laboral da Asociación Amicos.
Así mesmo, deuse conta da incorporación do Concello de Ribeira á campaña “Veciño Solidario” promovida pola empresa deportiva Emesports.

Reparto mamaparas por Protección Civil de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.