A Pobra, O Son, Rianxo, Muros e Noia súmanse ás mostras de solidariedade coas vítimas do accidente en Adamuz

19 Xaneiro 2026
A concentración diante do Concello da Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal sumouse este luns 19 de xaneiro pola mañá á convocatoria da FEGAMP e realizou un acto de recordo e agarimo ás vítimas mortais, aos feridos e ás familias do accidente ferroviario de Adamuz (Córdoba).

O equipo de Goberno local da Pobra do Caramiñal quixo enviar o seu apoio e forza ás persoas afectadas.

En Porto do Son, o Concello emitiu un comunicado no que envía as condolencias e o máis sentido pésame do equipo do Goberno local e da Corporación ás familias, amizades e veciñanza das vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Adamuz.

“Todo o noso cariño e apoio, toda a nosa forza e solidariedade con todas e cada unha persoas, familias e municipios afectados por esta terríbel situación”, sinalaron, expresando o seu afecto, respecto e recoñecemento aos efectivos de urxencias, emerxencias e seguridade participantes.

En Rianxo, o alcalde Julián Bustelo publicou este texto nas redes: “Toda a miña solidariedade coas vítimas do descarrilamento de Ademuz, os mellores desexos de recuperación para as persoas feridas e grazas aos equipos de emerxencias, ás persoas voluntarias e á veciñanza da zona que participou e participa no dispositivo de rescate”.

En Muros, o Concello sumouse tamén á convocatoria conxunta en todos os concellos galegos e convidou a toda a veciñanza a participar no minuto de silencio celebrado este 19 de xaneiro de 2026 ao mediodía diante do concello, “como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as súas familias, á vez que agradecemos o labor de todos os servizos médicos, de emerxencia e os xestos solidarios de todos os veciños e veciñas da zona que están a axudar aos afectados”.

En Noia, o Concello de Noia adheriuse ao loito oficial declarado tras a publicación no BOE do Real Decreto 37/2026, do 19 de xaneiro, con motivo do tráxico accidente ferroviario ocorrido en Adamuz. “Desde este Concello queremos expresar o noso máis fondo pesar e a nosa solidariedade coas familias, amizades e persoas achegadas das vítimas, así como con todas as persoas afectadas por esta dolorosa perda”, informaron dende o Consistorio, engadindo que o loito oficial permanecerá vixente ata as 24:00 horas do día 22 de xaneiro de 2026. “Unímonos á dor colectiva, compartindo o sufrimento de quen hoxe padece esta traxedia e trasladando unha mensaxe de respecto, lembranza e acompañamento”, sinalou o Concello.

.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.